22 de novembro ás 9:30

GALICIA: O VALOR DE INNOVAR

INNOVACIÓN | NEGOCIO | NETWORKING

¿Que é Agrobiotech Innovation FEST?

Agrobiotech Innovation FEST é a terceira edición do Encontro Agrobiotech, que este ano incorpora importantes novidades. Trátase dunha acción do Programa Agrobiotech Innovación, posta en marcha pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia, na que se darán cita as empresas, a administración autonómica, os clústers, as asociacións e os centros tecnolóxicos máis relevantes nos sectores da BIOTECNOLOXÍA, a AGROALIMENTACIÓN e a BIOMASA, co obxectivo principal de xerar sinerxías positivas de negocio e interese para todas as partes.

Na edición anterior:

254

Empresas participantes

36

Relatores

105

Reunións B2B

Charlas con relatores de referencia de cada un dos sectores.

Actividades

Mesas redondas

Charlas con relatores de referencia de cada un dos sectores.

Salón de actos

Combates

Duelos dialécticos nos que dous expertos defenderán dous enfoques diferentes sobre temas de actualidade nos sectores de interese.

Salón de actos

Reunións One2One

Reunións bilaterais enfocadas a negocio e establecemento de relacións entre os asistentes.

Carpa exterior

Zona expositiva

Stands e talleres prácticos que darán a coñecer a fondo as empresas participantes no Programa Agrobiotech.

Carpa exterior

Programa

Apertura

  • 09:30 - 10:00 Rexistro (Hall edificio principal)
  • 10:00 - 10:30 Inauguración do acto por D. Francisco Conde conselleiro de Economía, Emprego e Industria (Salón de actos)

Mesas redondas

Salón de actos

  • 10:30 - 11:30 Desenvolvemento de alimentos innovadores: do deseño á distribución MODERADOR: Patricia Fraga María Innovation Project Manager CLUSAGA RELATORES Sofía Pérez Fórneas Directora de I+D Calidad Pascual Rubén Hidalgo Director de la iniciativa V.I.D.A. CAPSA Mai Dorado Zulueta Account Director Spain MINTEL

    A industria alimentaria é unha das que máis inviste en innovación, como resposta ás demandas duns consumidores cada día máis informados e sensibilizados. Xa sexa para dar resposta a colectivos con necesidades específicas —celíacos, persoas con intolerancias ou alerxias diversas, veganos, deportistas…— ou para responder a novos gustos e tendencias, a industria incorpora constantemente novos produtos ao mercado. A innovación está incidindo tanto na produción agropecuaria (variedades máis resistentes, con menos graxas, con sabores modificados…) como na industria transformadora, e esténdese a ámbitos como o packaging, que non só busca garantir a conservación e salubridade dos alimentos, senón responder a novas pautas de consumo inducidas por cambios sociolóxicos (singles, cociñas internacionais…), e adecuarse a unha crecente sensibilidade ecolóxica (materiais compostables, redución de residuos, etc.). Nesta mesa coñeceremos, da man dos seus protagonistas, como está afrontando a industria agroalimentaria a innovación ao longo de toda a cadea de valor. Falaremos de como o diálogo cun consumidor cada día máis informado está guiando a innovación en produto, procesos, marketing e distribución.

  • 11:30 - 13:00 Coffee-break, visita á zona expositiva e actuacións en directo de empresas Agrobiotech.

  • 13:00 - 14:00 A biotecnoloxía fronte ao reto da innovación industrial MODERADOR: Loli Pereiro Cluster Manager BIOGA RELATORES Jaume Mir Fundador. CEO y director comercial Biochemize Marta Rodríguez Sáiz Biotechnology Laboratory Manager de AMRI AMRI GLOBAL - GADEA Roberto Martin Orallo Experto Senior en modelos de “Open Innovation” e membro dos Consellos Asesores de varias startups Member of the Advisory Board, DyCare

    A biotecnoloxía transformou radicalmente o sector sanitario, con novos medicamentos e novas aproximacións terapéuticas, pero a saúde humana e animal non son os únicos ámbitos que poden beneficiarse dos seus desenvolvementos. Sectores produtivos tan diversos como os da alimentación, a cosmética ou a produción de plásticos están usando a biotecnoloxía para innovar. A biotecnoloxía pode ofrecer á industria novos produtos e procesos máis limpos e sustentables, así como a posibilidade de reducir e valorizar residuos agrícolas, industriais e urbanos. Nesta mesa falaremos das oportunidades e retos que a biotecnoloxía supón para a industria farmacéutica, de como o mercado cosmético reclama cada día máis produtos ‘bio’ e de como os bioprocesos poden axudar ás empresas de diversos sectores a afrontar o reto da sustentabilidade medioambiental.

  • 14:00 - 15:00 Economía circular MODERADOR: José Ignacio Lema Piñeiro Director Axencia da Industria Forestal, XERA CIS Madeira RELATORES José Carlos Quintela Director científico Grupo Natac Ana Ibáñez García Project Engineer AIJU-Instituto Tecnológico de Producto Infantil y Ocio Elsa Grille Lorenzo Responsable Técnico PEFC GALICIA

    A substitución dunha economía lineal por unha economía circular máis sustentable require unha aproximación holística ás cadeas de valor produtivas, que teña en conta tanto a sustentabilidade das materias primas (orixe, modo de produción e transporte) como a sustentabilidade dos procesos de transformación e comercialización (consumo enerxético, packaging, distribución). O ciclo complétase coa participación do consumidor, con aspectos clave como a educación e a promoción de pautas de redución de consumo, reutilización de produtos e reciclaxe de materiais. Nesta mesa falarase de como impulsar a economía circular dando novos usos a materiais tradicionais, dos últimos desenvolvementos en materiais para packaging e do reto da valorización de residuos.

  • 15:00 - 16:30 Comida ecolóxica ofrecida por Fogar do Santiso (Allariz), visita na zona expositiva.

Combates

Salón de actos

  • 16:30 - 17:00 Innovación: grande empresa versus peme Juanjo de la Cerda Director Corporativo de I+D y Calidad Grupo Nueva Pescanova vs Anxo Vidal Responsable de Negocio y Coordinador de I+D+i Ecoplas

    Axilidade fronte a dispoñibilidade de recursos. ¿Son estes os respectivos puntos fortes de pemes e grandes empresas á hora de afrontar a innovación? ¿Que as motiva, que as frea? Dous testemuños explícannos como afrontan unhas e outras o reto de innovar.

  • 17:00 - 17:30 Financiamento: capital risco versus business angels Jacobo Cruces Director científico y co-fundador Galchimia vs Daniel Fernández CEO Qubiotech

    ¿Cal é a mellor opción de financiamento para unha peme innovadora que afronta o reto do crecemento? Capital requirido, control, acompañamento… ¿cales son os factores clave á hora de elixir? Dúas experiencias contrastadas dannos algunhas respostas.

  • 17:30 - 18:00 Mercados: internacionalización versus consolidación local Daniel Sineiro Business Development Manager Quescrem vs Andrea García Uzal Responsable de Comercio Exterior Cafés Candelas

    ¿Hai que afrontar o reto da internacionalización desde o inicio da actividade empresarial ou é mellor abordala desde unha posición forte no mercado local? ¿Poden avanzar en paralelo unha estratexia local e global? ¿É imprescindible a internacionalización? Dúas empresas cóntannos cales foron as súas opcións.

  • 18:00 - 18:30 Sector alimentario: produtos gourmet versus alimentos funcionais Lucrecia Mª García Fernández Directora Gerente Real Conservera Española vs Paula Dagá Directora Técnica Bialactis

    ¿Os produtos gourmet son unha moda? ¿Son a saúde e os alimentos funcionais unha aposta máis segura? ¿Como introducirse neses novos mercados? Dous testemuños para deixarnos bo sabor de boca.

  • 18:30 - 19:00 Innovación: I+D interna versus partenariado con pemes innovadoras Santiago Recaman Técnico I+D+i FINSA vs Sabela Oca Responsable de Innovación y Calidad Clun

    ¿É imprescindible contar cun departamento de I+D propio para innovar? ¿Como encontrar o partner adecuado para responder aos retos de innovación dunha empresa? ¿Como hai que xestionar procesos de open innovation?

  • 19:00 Clausura da xornada. Entrega de premios á mellor presentación das empresas Agrobiotech.

Talleres de empresas Agrobiotech

En paralelo aos combates e mesas redondas

Carpa exterior

  • 10:30 - 10:50 Algas para protexer a andadura polo Camiño de Santiago

    CELTALGA

  • 10:50 - 11:10 Agricultura tecnolóxica 2.0 ¿Pódese cultivar sen terra? 

    H2HYDROPONICS

  • 11:10 - 11:30 Da China a Paderne: descubre o primeiro té ecolóxico de Galicia

    ORBALLO

  • 13:00 - 13:20 Produción biotecnolóxica de estándares 

    LABORATORIOS CIFGA 

  • 13:20 - 13:40 Mil caras da biotecnoloxía: da obtención de fármacos biolóxicos ao sector téxtil

    AMSLab

  • 13:40 - 14:00 Taller sensorial: descubre como cambia o sabor do leite segundo o método de conservación

    DAIRYLAC

  • 14:00 - 14:20 A "vida" das moléculas en 3D. Visita virtual a un proceso de interacción molecular.

    SOFTWARE4SCIENCE 

  • 14:20 - 14:40 Esponxa vexetal, a opción máis ecolóxica: da selección da fibra á compostaxe

    IBÉRICA DE ESPONJAS VEGETALES

  • 14:40 - 15:00 Leva o bosque á túa cociña: descubre como cultivar cogomelos sobre madeira

    HIFAS DA TERRA

  • 16:30 - 16:50 Unha innovadora ferramenta en biopsia líquida para acelerar o diagnóstico de pacientes oncolóxicos

    NASAS BIOTECH

  • 16:50 - 17:10 ¿Sabes como distinguir un pellet de madeira de calidade? Ven descubrilo ao noso taller

    MOSQUERA VILLAVIDAL

  • 17:10 - 17:30 Un software de análise sensorial para converter o teu móbil nun dispositivo de “cata”

    TASTELAB

Zona expositiva

Carpa exterior

  • 10:30 - 19:00 Visita libre á zona expositiva de empresas na carpa exterior

Relatores confirmados

Edición anterior

Localización e contacto

Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia

San Cibrao das Viñas
32900 – Ourense

fest@agrobiotech.gal