Novas

GLECEX estará na Feira Natexpo de Paris

Glecex, empresa de biotecnoloxía ourensá, participará grazas á axuda do programa Agrobiotech na feira Natexpo, feira especializada en alimentación ecolóxica que terá lugar en París os días 22, 23 e 24 de outubro. Nesta feira, esta nova empresa presentará os seus produtos comercializados coa marca Berries&Friends, que se está convertendo nunha marca de referencia de calidade dentro do sector ecolóxico cunha gama de súper-alimentos que destacan polas súas excepcionais propiedades nutricionais.
Esta participación supón un paso máis no lanzamento da marca ao mercado europeo, fito que esperan lograr nos dous próximos anos. Con este fin, aproveitando a presenza de máis de 12.000 visitantes profesionais provinientes de 76 países, Berries&Friends presentará os seus novos produtos pensados para un público vegano e que ao mesmo tempo esixe produtos ecolóxicos e dunha calidade excepcional.

Xenotechs especializado en analise de ADN
Biomasa Forestal na lista das empresas con maior crecemento