PROGRAMA AGROBIOTECH INNOVACIÓN

II EDICIÓN

EMPRESAS BENEFICIARIAS II EDICIÓN

[Prazo cerrado da convocatoria]

Participa na convocatoria para a selección das 10 empresas beneficiarias prazo ampliado ata o 7 de xuño de 2017 (ver resolución)
O programa ofrece

Titorización e aceleración

Agrobiotech Innovación contará cun equipo de titores especialistas coñecedores do eido da innovación galega e do desenvolvemento de negocio, que se encargarán de definir as necesidades de aceleración de cada unha das empresas participantes deseñando un plan de traballo cun itinerario específico para cada unha delas, nos seguintes ámbitos:

Itinerario

Excelencia Operativa

Liderado de produto

Comercialización e Internacionalización

Captación de fondos públicos e privados

Resultados

Facturación e Innovación Aberta

Produtos innovadores no mercado

Volume de vendas e internacionalización

Atracción de financiamento externo

Estas actividades levaranse a cabo nas propias instalacións da empresa co obxecto de afondar na cultura e procesos da organización e para que, unha vez rematado o proceso de titorización, constitúan o modo de facer da compañía.

O programa ofrece

Profesionalización e Capacitación

Programaranse unha serie de actividades de capacitación a petición das empresas participantes cun dobre obxectivo:

Formación específica

Ofrecer formación específica sobre plans de negocio, estratéxicos, recursos humanos, estratexia fiscal, protección propiedade industrial, modelos de crecemento, comercialización internacional, comunicación centrada no negocio fronte a investidores bancos, socios internacionais…

Horas experto | Formación-Capacitación

Horas experto individualizadas para cada empresas nas anteditas áreas de mellora.

Con carácter xeral, as xornadas de formación e capacitación terán lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense).

O programa ofrece

Visibilización e networking

Co obxectivo de aumentar a proxección e visiblización, Agrobiotech Innovación ofrecerá:

Espazo web específico

Un espazo web específico para as empresas participantes.

Difusión e visibilidade

Actividades de difusión e visibilidade empresarial.

Investidores

Lonxa de investidores.

Encontro multisetorial

II Encontro multisetorial Agrobiotech Innovación.